Sunday 05 de May de 2024

Clausura do curso de orientación para o logro


Nesta xornada finalizou a terceira das accións formativas dirixidas a persoas con discapacidade que se desenvolveron na Pobra do Caramiñal dende mediados do pasado mes. O último dos cursos foi o de orientación para o logro, que tivo lugar do día 31 de maio ao 2 de xuño; tamén houbo un obradoiro de comunicación que se impartiu do día 18 ao 21 de maio e un taller de traballo en equipo que transcorreu do día 24 ao 27 de maio. Foron unhas sesións formativas organizadas pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e FSC Inserta.

A concelleira Amparo Cerecedo (BNG) e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, desprazáronse ata o Auditorio do Museo Valle-Inclán para o acto de clausura.

Os cursos contan co cofinanciamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.